Mediadores escolares

Os centros educativos son espazos de convivencia moi importantes para os rapaces e rapazas, e sabemos que onde hai convivencia hai conflito. Partimos da consideración de que o conflito non é nin bo nin malo, aínda que normalmente é desagradable. O que marca a diferenza en moitos casos é o xeito de afrontalo e pode converterse nun elemento de crecemento tanto individual como colectivo

Nese marcoa mediación entre iguais é unha ferramente que nos resulta moi útil. Contamos cun grupo de mediadores formado por alumnos/as de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e coa figura dun mediador ou mediadora en tódolos Consellos de Aula en Secundaria.

O proceso de formación comeza no mes de outubro, coa selección dos alumnos/as. Durante o primeiro trimestre farán un proceso de 8 sesións formativas de aula e unha xornada de convivencia fora de horario escolar. Co comezo do 2º trimestre intégranse no grupo e comezan a atender as demandas que cheguen ao Grupo de mediadores.

 

Os conflitos

  • disputa2Son parte natural nas relacións das persoas.* O problema non é o conflito, senón cómo se aborda.
  • So é viable a mediación naqueles conflitos nos que ambas parte estean dacordo e queiran chegar a unha solución.
  • A mediación non substitúe as normas de xestión disciplinaria do centro.
  • Un conflito que chega a xefatura de estudos pode ser derivado a mediación como forma de resolución, non alternativa ao R.R.I.
  • As persoas en conflito poden solicitar unha mediación.

Fases da mediación

  • Demanda: A través dun buzón, ou directamente a un mediador/a.
  • Premediación:valórase se a demanda é de mediación ou non. Entrevista por separado con ambas partes e créanse as condicións para que ambos acepten a mediación
  • Mediación:no caso de acceder ambos, xuntámonos na sala de mediación,preferentemente en horario escolar
  • Acordo:no caso de acadarse un acordo, asínase entre ambos.
  • Seguemento:posteriormente hai unha sesión de revisión do seguemento dos acordos adoptados por parte dos mediadores.

Implicados/as

  • Calquera membro da comunidade escolar pode solicitar a mediación
  • Está máis orientada ao alumnado da ESO e 3º ciclo de primaria do colexio
  • Ambos implicados: aceptan de forma voluntaria a mediación.
  • Ambos queren colaborar na resolución do conflito.
  • Ambos aceptan as normas da mediación: confidencialidade
  • Poden propor os mediadores
  • A solución ao conflito debe ser proposta e aceptada por ambos

Os mediadores e mediadoras

Son alumnos/as con formación en en habilidades para:

  • Saber escoitar
  • Axudar a clarificar
  • Non xulgar, non opinar
  • Porse no lugar do outro
  • Ofertar alternativas
  • Aceptar o acordo dende o punto devista das partes
  • Facer seguemento do acordo

Avantaxes e límites da mediación

Consideramos é unha ferramente moi útil para a xestión da conviencia que ten avantaxes, e somos conscientes dalgúns dos límites.

Vantaxes Límites
  •  Fomenta a autonomía personal
  • Favorece o autocoñecemento e o control das emocións.
  • Implica ao alumnado na regulación da convivencia.
  • Desenvolve unha cultura de centro aberta e participativa.
  • Non hai gañadores nin vencido
 
  • Non resolve problemas como o acoso escolar, aínda que colabora a previlos evidencialos.
  • Descobre carencias que non se solucionan nunha mediación ( Baixa autoestima, illamento, ...)
  • Precisa apoio dende a organización do Centro: R.R.I, xefatura de estudos.