POAP2

As siglas POAP responden a Programa de Orientación Académico e Profesional. A finalidade fundamental da orientación académico- profesional e vocacional nos centros Salesianos é a de promover o coñecemento persoal do alumno e alumna, así como da realidade que lle rodea e das posibilidades académicas e profesionais co fin de formular o propio proxecto de vida encamiñado ao seu desenvolvemento integral, persoal e social.

Queremos axudar, e na medida que el queira, acompañar a cada alumno e alumna na toma de decisións realistas sobre o seu futuro, en consonancia coas súas aspiracións, crenzas, valores e proxecto de vida.

Contamos cun Blog xestionado polo departamento no que se actualiza toda a información académica relevante e incluímos datas de interese.

Contidos da Acción Titorial en Secundaria relacionada co POAP

1º ESO: ESTRUTURA DA ESO

  • Estrutura, obxectivos e contidos da Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Sistema de avaliación e promoción.
  • Itinerarios formativos.
  • 2º ESO: PRIMEIRAS ELECCIÓNS: OPTATIVAS EN 3º ES

  • Promover a reflexión sobre o futuro: cara onde? que me gusta?, en que son bo?, ...
  • Presentar as materias que terán que estudar o ano que vén en 3º de ESO.
  • Pararse un pouco nas optativas, para darlles algunha recomendación.
  • 3º ESO: ELECCIÓN DE 4º ESO

  • Perspectivas de futuro: vocación, intereses, ámbitos laborais, ..
  • Itinerarios posibles: Formación Profesional, Bachillerato, Universidade, outros
  • Alternativas a ESO: probas de Acceso a Ciclos, FP Básica,...
  • 4º ESO: E AGORA QUE?

  • Saídas con título da ESO:
  • Formación Profesional: Ciclos Formativos.
  • Formación Universitaria
  • Bacharelato: estrutura, avaliación, cualificación, posibilidades de permanencia.
  • Saídas sen título: EPA, FP Básica, Probas de acceso a ciclos.
  • Períodos de matrícula.
  • PAAU
  • 1º BACHARELATO

  • Bacharelato: estrutura, optativas, avaliación, cualificación, posibilidades de permanencia.
  • Estudos superiores: formación profesional, graos universitarios, probas de acceso...
  • A Quincena de Orientación Académica e Profesional

    A mediados de febreiro, primeiros de Abril,  organizamos   a Quincena de Orientación Académica e Profesional en colaboración coa ANPA. Durante un par de semanas, agrúpanse diferentes actividades destinadas a informar e enriquecer o proceso de reflexión persoal. Entre  outras as principais actividades son:

    • Visita a Universidades: 1º Bacharelato visita Santiago e 2º Bacharelato visita a Universidade de Vigo.
    • Mostra de ámbitos profesionais: pais e nais da ANPA achéganse a sesións de titoría para presentar o seu desempeño profesional, e organizamos unha mostra un venres pola tarde na que agrupados por ámbitos, diferentes profesionais presentan as caracterísitc
    • Mostra de estudos superiores: contamos coa colaboración de exalumnos e exalumnas do centro, que se achegan a participar nunha mostra co obxectivo de explicar a aqueles que estén interesados, como son os estudos que están cursando neste momento na Universidade ou nalgún ciclo de Formación Profesional.

    Con estas xornadas conseguimos por en contacto ao alumno/a con persoas que están estudando ou traballando no ámbito polo que amosa interese, favorecendo un diálogo directo. Tanto para a xornada de ámbitos profesionais, como para a de estudos superiores, partimos dunha enquisa de intereses recollida en Bacharelato e 4º da ESO.