familias

Co obxectivo de propiciar espazos de encontro, formación e reflexión para as familias en sintonía coa proposta educativa do centro e os contidos que traballamos cos alumnos/as, dende a ANPA e o Departamento de Orientación lévanse a cabo diferentes actuacións ao longo do curso. Entre as actividades que realizamos destacan:

Encontros de inicio de curso

Tódolos anos no mes de setembro temos un encontro coas familias de cada aula co dobre obxectivo de coñecernos e dialogar sobre todo o necesario para afrontar con éxito o curso. O formato é contido é diferente en funcións das etapas, se ben sempre tentamos que sexa un primeiro momento formativo e de achegar cirterios. Cada ano contamos cun calendario concreto. Consulta aquí algúns dos consellos para a ESO dos últimos cursos.

Encontros formativos por cursos

Cando menos unha vez ao ano, nos diferentes cursos promovese unha charla-coloquio formativa coas familias do curso, en sintonía cos contidos da titoría. Actualmente temos organizadas:

  • Infantil e Primaria: Cada ano programamos un ou dous encontros con temas diferentes temas: educación emocional, normas e límites, ..
  • 1º ESO: no marco do programa de educación en Valores "Yo Soy Yo", tamén dinamizada por educadores da asociación "Érguete"
  • 2º ESO: " Nutrición e Autoimaxe positiva" Coloquio coa Médico de familia "Ana Prejigueiro", no marco das accións da tutoría de Eduación para a Saúde.
  • 3º ESO: Abordamos fundamentalmente dous temas: Os Itinerios en 4º da ESO, no marco das accións do programa de Orientación Académica Profesional; e a Prevención do Consumo de Drogas. Tema que se aborda nas titorias.
  • 4º ESO: O tema central deste curso é o diálogo sobre os Itinerarios Educativos ao rematar a ESO.
  • 1º BACH: Dialogamos sobre o xa cercano acceso a Universidade, e a Orientaciòn Académica profesional dos alumnos/as.

 Folletos informativos para familias

Periódicamente realizamos pequenas publicacións con informacións que poden ser de interese para as familias. A continuación podes descargar algunhas delas.