Primaria1

No centro ofertamos dúas liñas de Educación Primaria, de 1º a 6º, cun total de 300 prazas. En sintonía co resto das etapas...

En Educación Primaria potenciamos:

  • O emprego das novas tecnoloxías como medio importante no proceso de maduración e aprendizaxe. Deste xeito, todas as aulas dispoñen de pantalla dixital, canón e ordenador con conexión a Internet.
  • A aprendizaxe de idiomas: todos os cursos de Primaria contan con sesións semanais de conversa en inglés cun nativo. Ademais somos un colexio Plurilingüe que ten materias impartidas integramente en inglés.
  • A innovación educativa: consideramos esencial que o alumnado aprenda a traballar en equipo, por iso introducimos na nosa metodoloxía estruturas de aprendizaxe cooperativa e aprendizaxe por proxectos.
  • O coñecemento do contorno: Realizando ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS e SAÍDAS CULTURAIS dentro da xornada escolar e ao longo do curso formando parte do Proxecto Educativo Pastoral do Centro e da nosa Programación Xeral Anual.
  • A formación da autonomía e da responsabilidade preparándoos cara á etapa da ESO e cunha actividade de final de etapa no mes de Xuño na estación de Cabeza de Manzaneda.
  • O crecemento gradual da persoa coa realización de programas como Yo Soy Yo en colaboración coa asociación Érguete.
  • A educación no tempo libre, potenciando as actividades de Abertal, Cativos e Andaina
  • A relación educativa persoal que recoñece o carácter único e a historia singular de cada rapaz ou rapaza.
  • A confianza nos rapaces e rapazas que están no corazón do proxecto educativo salesiano e son os protagonistas do seu futuro.
  • A construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.
  • Traballo como fonte de educación, de realización das persoas e de mellora

Cremos moi importante:

  •  A relación familia-escola. Empregando as entrevistas persoais, o correo electrónico e a Plataforma Educamos. Os momentos de celebración especial, como o magosto, o entroido, o Nadal, Xoán Bosco e María Auxiliadora son ocasións para encontrarnos dun xeito máis espontáneo.
  • A integración do alumnado. Son prioritarios os alumnos novos e os alumnos con necesidades educativas especiais. Para iso adicamos todos os recursos humanos e técnicos dispoñibles para acadar tal fin.
  • O criterio "preventivo", que leva os educadores a convivir, facerse presentes e ofertar elementos de maduración aos nenos e adolescentes.
  • O ambiente educativo: espírito de familia, o clima de ledicia, a invitación á creatividade e á espontaneidade, a razón, a amabilidade e a presenza animadora entre os mozos e mozas.
  • Ser unha escola popular, polo clima educativo que crea.
  • Ser unha escola libre e aberta.
  • Ser unha escola de tempo completo, que alterna o traballo e máis o estudo, con diversa e distintas actividades.
  • Ser unha escola na que os educadores están dispostos a acompañar os alumnos nas súas actividades formativas.
  • Ser unha escola evanxelizada e evanxelizadora.