A proposta dun ambiente de cercanía e convivencia positiva, xunto coa tolerancia cero as condutas contrarias a convivencia, son dous piares sobre os que queremos construir a convivencia no día a día da etapa.  Así se recolle no plan de convivencia do centro e no marco dese plan desenvolvemos anualmente actividades de promoción da convivencia positiva, campañas, grupo de mediacion escolar, etc.

O documento de Normas de funcionamento do centro recolle polo miudo as normas xerais de funcionamento, así como o conxunto de condutas contrarias a convivencia e as consecuencias apricables. Neste apartado facemos un sinxelo resumo.

 

 

 Condutas leves contrarias á convivencia acontecidas hai menos dun mes

   

 Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia cometidas hai menos de 4 meses

Condutas leves

  • - Agresión, inxuria, ofensa (segundo gradación)
  • - Actos de discriminación (segundo gradación)
  • - Actos de indisciplina (segundo gradación)
  • - Danos (segundo intencionalidade ou dano)
  • - Actos inxustificados
  • - Actuacións prexudiciais
  • - Portar calquera obxecto expresamente prohibido por ser perigoso ou que perturbe o normal desenvolvemento das actividades docentes
  • - Falta de asistencia inxustificada á clase
  • - Faltas reiteradas de puntualidade
  • - Reiterada asistencia ao centro sen material
  • Consecuencias aplicables

    Polo mestre
  • - Amoestación privada ou por escrito.
  • - Comparecencia na xefatura de estudos.
  • - Realización de traballos específicos en horario lectivo.
  • Pola persoa titora
  • - Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento dasactividades do centro.
  • Pola persoa xefa de estudos:
  • - Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias durante ata dúas semanas.
  • - Cambio de grupo ata durante unha semana.
  • Pola Dirección
  • - Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases ata tres días (traballo compensatorio).
  • - Suspensión do dereito de asistencia ao centro ata 3 días (traballos compensatorios).
  • Algúns exemplos

  • - Interromper as clases.
  • - Retrasos (ata 3 nun mes).
  • - Pasividade académica (sen que sexa continuada).
  • - Asistir sen material (ata 3 veces nun mes).
  • - Asistir sen deberes (ata 3 veces nun mes).
  • - Discusións entre iguais.
  • - Desobediencias ou desafíos á autoridade.
  • - Burlas e ofensas entre iguais.
  • - Agresións verbais.
  • - Desperfectos no material dos demais ou no centro.
  • - Emprego do móbil (ata 3 veces nun mes)
  • - Consumo de tabaco (1 vez)
  •  
     

    Condutas Graves

  • - Agresión física ou psíquica, inxuria, ofensa grave, ameaza oucoacción
  • - Discriminación grave
  • - Desafío á autoridade
  • - Gravación, manipulación ou difusión de imaxes
  • - Acoso escolar
  • - Suplantación de personalidade (falsificación, alteración,subtracción de documentos)
  • - Danos graves ás instalacións ou materiais
  • - Subtracción de materiais
  • - Actos inxustificados
  • - Actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e integridade
  • - Portar calquera obxecto gravemente perigoso
  • - Negarse ou resistirse a entregar dito obxecto
  • - Reiteración, no mesmo curso, de condutas leves
  • - Incumprimento das sancións impostas
  • - Roubo ou furto
  • Consecuencias aplicables

    Pola persoa titora
  • - Realización dentro ou fóra do horario lectivo de tarefas que contribúan á mellora comunitaria.
  • Pola persoa xefa de estudos:
  • - Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias.
  • - Cambio de grupo.
  • Pola Dirección
  • - Suspensión do dereito de asistencia ao centro entre 4 días e 1 mes (traballo compensatorio).
  • - Cambio de centro. Implica a elaboración dun documento de comunicación das incidencias
  • Algúns exemplos

  • - Reiteración continuada de incidencias nas clases.
  • - Pasividade académica manifiesta.
  • - Consumo de substancias estupefacientes.
  • - Deterioros considerables no material alleo ou nas instalacións.
  • - Ausencias inxustificadas.
  • - Acumulación de retrasos inxustificados (a partir de 4).
  • - Incumprimento de sancións.
  • - Emprego de móbiles para fotografar e publicar persoas,exames…
  • - Pertenenza de obxectos perigosos.
  • - Desafíos á autoridade
  •  

     

     En ambos casos teránse en conta como atenuantes ou agravantes os seguintes:

     

    ATENUANTES

    Recoñecemento espontáneo
    Cumprimento e reparación espontáneos
    Natureza do prexuízo causado

      AGRAVANTES
    Reincidencia (no prazo dun ano) de máis dunha infracción
    Intencionalidade
    Difusión da conduta ou da ofensa
    Natureza do prexuízo causado
    Carácter especialmente vulnerable da vítima.