COMEDOR ESCOLAR

O comedor constitúe un elemento importante da oferta dun centro. Trátase dun recurso tan necesario como delicado: elementos como a satisfacción dos alumnos e alumnas que comen, a organización de tempos e espazos, a comunicación coas familias ou o propio alcance educativo deste momento complican a súa xestión e convértena nun desafío apaixonante. No Documento comedor recollemos como entendemos no colexio este servizo, así como o regulamento do mesmo. A continuación extraemos algunhas ideas sobre o comedor. No correo comedor@salesianosvigo.es podedes escribirnos para calquera cuestión ou dúbida co servizo, o cal está contratado coa empresa Arume

MENÚS

Información xeral

O servizo de comedor escolar comezará o primeiro día lectivo de setembro e finalizará o último día lectivo do mes de xuño, coa condición de que para os meses de setembro e xuño exista unha demanda suficiente. Poden acollerse ao servizo de comedor escolar os alumnos e alumnas matriculados no centro que así o soliciten, sempre que haxa prazas vacantes, así como o persoal docente e non docente do centro.

Os alumnos poderán utilizar o servizo de comedor das seguintes formas:

  1. Por curso escolar: A inscrición formalizarase en tres momentos diferentes: a primeira quincena do mes de setembro para ese mes; despois haberá outro período a principios de outubro para os meses de outubro a maio e, por último, deberán inscribirse para xuño a finais de maio.
  2. Por mes natural: Hai que presentar solicitude na portaría do colexio antes do día 25 do mes anterior.
  3. De forma esporádica: Poderán facer uso eventual do servizo de comedor escolar os alumnos que así o soliciten, sempre que haxa prazas vacantes. Para iso, deberán comunicalo na portaría o día anterior pola tarde ou o mesmo día do servizo antes das 9:30h. A cota abonarase no acto. 
  •  O horario vai das 12:30 horas ás 14:45 horas. Coas seguintes quendas :

    De luns a xoves
    • Primeira quenda: 12:30 a 13:30: alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria que non estean inscritos en actividades extraescolares ou outras actividades aprobadas polo centro no período horario de 12:30 a 13:30.
    • Segunda quenda: 13:30 a 14:15: alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria que asisten a actividades extraescolares ou outras actividades aprobadas polo centro na franxa horaria de 12:30 a 13:30.
    • Terceira quenda: 14:15 a 14:45: alumnos de Ensino Secundario e Bacharelato.

     

    Venres e xornadas continuas de setembro e xuño
    • Única quenda do servizo de comedor: de 14:00 a 14:45.

    Ao terminar a quenda de comedor os alumnos serán recolleitos polo pai/nai/titor legal entre as 15:00 e as 15:30, salvo que participen nalgunha actividade extraescolar do centro inmediatamente despois do servizo ou exista autorización expresa para que sexan recollidos por outra persoa. A partir dos oito anos poden ser autorizados para saír sós do centro.

  • Todos os alumnos que desexen utilizar o servizo de comedor escolar deben solicitalo por escrito no formulario que se lles facilitará na portaría do centro nos prazos establecidos. Pódese solicitar de forma continuada ou de forma puntual. As solicitudes diarias aténdense en portería ata as 9:30h cada mañá.

    Criterios preferentes de inscrición

    Dado o tamaño das instalacións e a súa dispoñibilidade, o número máximo de usuarios do servizo de comedor escolar por quenda será o dos asentos dispoñibles no recinto máis un 50% en espera. No caso de que as solicitudes superen o límite máximo de prazas, a admisión ao comedor rexerase polos seguintes criterios preferentes, aplicados na orde en que aquí se enumeran:

    • Usuarios do servizo por curso escolar.
    • Usuarios do servizo durante o curso anterior.
    • Usuarios con irmáns no servizo.
    • Fillos de traballadores do centro escolar que colaboren na vixilancia de alumnos de comedor.
    • Resto de fillos de traballadores do centro.
    • Pai e nai traballadores fora do fogar.
    • Familia numerosa.
    • Orde de inscrición no servizo.
     
    Baixas e modificacións
    • As altas e baixas realizaranse a través da PORTERÍA do colexio antes do día 25 de cada mes, cubrindo unha folla de baixa que ali vos proporcionarán, ou ben si preferides,podedes descargar a baixa deste enlace ou a alta neste outro, cubrir todos os datos xunto coa firma e enviala ao correo porteria@salesianosvigo.es

O comedor escolar ofertará un único menú para todos os alumnos e alumnas usuarios do servizo de comedor escolar. A última semana de cada mes farase chegar ás familias o menú do mes seguinte.

Excepcións

(a condición de que as posibilidades técnicas, loxísticas e de servizo permítano)

  1. Dietas brandas por molestias gastrointestinais temporais: Para alumnos e alumnas con problemas gastrointestinais transitorios, baixo prescrición médica e avisando coa antelación debida na portaría do colexio (antes das 9:30 horas).
  2. Alumnos e alumnas con alerxias leves e intolerancias: Poderán facer uso normal do comedor, consumindo o menú establecido para todos os alumnos e alumnas usuarios do servizo, excepto os días nos que o menú inclúa algún dos compoñentes ao que son alérxicos, nese caso disporán dun menú alternativo. Deben presentar o pertinente certificado médico na Administración do centro ao apuntar ao alumno ou alumna ao servizo de comedor.
  3. Alumnos e alumnas que non consomen determinados alimentos por razóns relixiosas: Poderán facer uso normal do comedor, consumindo o menú establecido para todos os alumnos e alumnas usuarios do servizo, excepto os días nos que o menú inclúa algún alimento que non poidan consumir por razóns relixiosas, nese caso facilitarase un menú alternativo. No momento de inscribir ao alumno ou alumna no servizo de comedor, o pai, nai ou titor legal deberá deixar constancia escrita da devandita circunstancia.
  4. Alumnos e alumnas alérxicos a determinados alimentos ou que padezan intolerancias que poidan afectar gravemente á súa saúde, ou calquera enfermidade ou trastorno importante que precise dunha alimentación específica: Poderán facer uso normal do comedor, consumindo o menú establecido para todos os alumnos e alumnas usuarios do servizo, excepto os días nos que o menú inclúa algún dos compoñentes ao que son alérxicos, nese caso disporán dun menú alternativo. Deben presentar o pertinente certificado médico na Administración do colexio ao apuntar ao alumno ou alumna ao servizo de comedor.

No caso dos supostos 2, 3 e 4, o alumnado poderá acceder ao servizo de comedor unha vez o centro valore a posibilidade de ofertar este servizo ao alumno
Así mesmo, nos supostos b, c e d a Dirección do centro poderá valorar o posible incremento no prezo do menú derivado do custo adicional esixido polas condicións de preparación e conservación do menú específico requirido por ese alumno. Solicitarase á familia do alumno a aceptación escrita desta variante.