OFERTA A TEMPO COMPLETO

Actividades Extraescolares

 A oferta do noso colexio vai máis aló do tempo lectivo e propón actividades e grupos que atendan a tódolos tempos do alumnado dende un mesmo proxecto educativo, de forma complementaria e coordinada, na procura da Educación Integral. O noso cole nunca pecha, e en especial o patio, aberto de luns a domingo.

  • DURACIÓN e HORARIOS: Comezan o primeiro día lectivo de outubro e rematan o último día lectivo de maio. Ofértanse actividades de luns a xoves de 12:30 a 13:30 e de 16:30 en diante.
  • ALTAS e BAIXAS: Calquera alta ou baixa durante o curso deberá facerse por escrito, cubrindo o correspondente impreso que se solicitará en Abertal, procurando que sexa ao final de cada trimestre.
  • CRITERIOS DE ADMISIÓN: Nas actividades con límite de alumnado, as prazas cubriranse priorizando ao alumnado que xa estaba participando o curso anterior.
  • PROCESO DE MATRÍCULA: En xuño faise a preinscrición de cara ao curso seguinte. Tendo en conta a demanda en setembro péchanse os grupos.

Podes descargar o folleto do curso 23-24 e a ficha de inscrición enviarase as familias ao remate do curso para facer unha estimación e haberá outra inscrición ao comezo do curso. A xestión diaria das actividades extraescolares faise a través do Centro Xuvenil Abertal.

Actividades e horarios

Baile Moderno. EI - EP - ESO

Nesta actividade trabállase  a expresión corporal, danza, elasticidade… E facemos  coreografías que axudan a desenvolver o oído musical, a psicomotricidade e a memoria corporal.

  • G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI
  • G.2 Luns e Mércores 16,30 - 17,30 EP e ESO.
Debuxo e Pintura EP

Aprendemos de forma divertida para descubrir o artista que todos levamos dentro

  • G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 1ºa 3º de EP.
  • G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 4º a 6º de EP
Divirtete en Inglés EP

Bailes, cancións, música e  Xogos en inglés de xeito que nos divertimos e, ao mesmo tempo, facémonos máis competentes no dominio da lingua inglesa

  • G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EP
  • G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EP
Música e Xogos teatrais EI -1º, 2º EP

Mantendo os contidos da actividade de Música (danzas  populares, construcción de instrumentos,  manipulación de instrumentos clásicos, desenvolvemento da  sensibilidade musical...), ampliamos o concepto da mesma introducindo o xogo dramático, moi ligado á música e á expresión
corporal.

  • G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI 1º-2º
Iniciación ao deporte EI -1º, 2º EP

Non nos centramos nun único deporte: traballamos fútbol, baloncesto, tenis, hockey,  balonmán, atletismo,
escalada, cómo botar o balón, lanzamentos, carreira, salto de lonxitude e altura … ademais do equilibrio, saber movernos...

  • G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI
  • G.2 Martes e Xoves 16,30 - 17,30 EI - 1º e 2º EP
KUNG-FÚ DI SOM 5º e 6º EI - EP- ESO

O kung fu Di Som, desenvolve as cualidades físicas e
coordinativas, a autodisciplina, a Concentración e habilidades de autodefensa.

  • G.1 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 5º- 6º  EI - 1º-3º EP
  • G.2 Martes e Xoves 16,30 - 17,30 3º -6º  EP - ESO
Ludoteca en Inglés EI

Xogos, obradoiros, dinámicas, contos, cancións, … en inglés, para xogar e divertirse.

  • G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI
  • G.2 Martes e Xoves 12,30 - 13,30 EI
Patinaxe Artística EI - EP - ESO

Conxúgase a danza e a expresión corporal co patín.
Esta actividade precisa vestiario específico, patíns e
bolsa.

  • G.1 Luns e Mércores 12,30 - 13,30 EI EP
  • G.2 Luns e Mércores 16,30 - 17,30 EI EP ES
Xadrez EI - EP

Trabállanse as regras e fundamentos do xadrez de forma divertida.

  • G.1 Luns e mércores 12,30 - 13,30 EI EP

Clube deportivo

Sección futbol sala

Organízanse diferentes equipos, cun máximo de 12 xogadores/as por equipo.

  • MINIS MIXTO (Escola Deportiva): os luns e mércores de 17:30 – 19:00
  • PREBENXAMÍN MIXTO: os martes exoves de 17:30 – 19:00
  • BENXAMÍN MIXTO: os luns e mércores de 17:30 – 19:00
  • ALEVÍN MIXTO: os martes e xoves  de 17:30 – 19:00

Sección baloncesto

Ofértanse equipos de Infantil a Senior, tanto Masculinos como Femeninos. Os horarios de adestramento decídende cada ano, seno os horarios nas franxas de 12:30 a 13:30 ou a partir das17:30h.

O clube colabora tamén co colexio Don Bosco, Salesianas de Coia.

Escola de Idiomas

A oferta de actividades de Inglés faise en colaboración con SYNERGY DIDACTIC. Ofértanse grupos de escola de inglés en diferentes formatos e horarios:

  • Basic: Inglés. Grupos de Infantil, Primaria e ESO.  1 sesión/semana. 17:40-19:00
  • PLUS: Inglés, Francés, Alemán e Italiano. Grupos de Infantil, Primaria e ESO.  2  sesións/semana. 12:40-13:30
  • EXAM: Inglés. Grupos de ESO e Bacharelato. Orientados a preparar o exame CAMBRIDGE. 1 sesión/semana. 16:30-18:20,