fotosecretariaServizo de Administración e Secretaría

Dende a secretaría atenderemos tódalas demandas relacionadas con:

  • Información xeral do centro.
  • Solicitude de admisión a Infantil, Primaria, ESO e bacharelato e Reservas de Plaza.
  • Matrícula: solicitude, baixas e renuncias, exencións, traslados...
  • Certificacións e solicitude de títulos.
  • Bolsas e axudas.

 Contáctanos a través do teléfono 986 433855 , do formulario web ou no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Convocatorias en prazo

Circulares activas

Tamén podes acceder as circulares a través da Plataforma Educamos

Trámites co centro

Autorización para administrar medicamentos

Co obxectivo de clarexar e facilitar o procedemento en casos nos que sexa necesario administrar mediación a un alumno en horario lectivo, temos establecido un sinxelo procedemento que ser resume nos seguintes pasos:

1. O pai/nai ou titor do alumno/a ten que facer unha solicitude por escrito dirixida ao Equipo Directivo do Centro.

2. Ten que cubrir unha "autorización expresa" e por escrito da nai, pai, titor ou titora, segundo modelo do Centro, e fotocopia do DNI da persoa responsable.

3. Informe médico no que apareza: A causa da administración do medicamento, a dosificación, hora de administración,  duración do tratamento, condicións de conservación do medicamento, procedemento en caso de inxesta accidental ou sobredose, outra información que poida ser útil para a administración e/ou conservación

4. A dirección do centro avaliará a petición e poderá pedir máis informes ou datos dos aquí reflectidos para unha maior coordinación e xestión da mesma.

5. De tratarse de medicacións que se prolongan ao longo de distintos anos académicos, deberase proceder a renovar a solicitude en cada ano académico.

Para calquera aclaración  ou comentar situacións concretas non dubides en porte en contacto co centro, preferentemente a través do Titor/a.

  Autorización administración de medicamentos

 

Aviso de ausencia

A través da plataforma Educamos podes comunicar e xustificar calquera ausencia dun alumno ao centro. Se por algunha situación non poideras empregar a plataforma, e precisas comunicar e autorizar unha ausencia podelo facer a través do seguinte  aviso de ausencia

Servizo Médico

Os accidentes producidos no tempo da xornada escolar e nas actividades unidas ao mesmo serán atendidos, presentando o parte colexial de accidente (solicitalo aos Directores Pedagóxicos correspondentes). Compañía Mapfre

Para alumnos/as de Infantil, Primaria e 1º e 2º ESO:

  • Sanatorio O Castro (Manuel Olivié, 11)

Para alumnos/as de 3º e 4º ESO, e Bacharelato

  • Sanatorio Concheiro (Avda. Madrid, 6)