Remata a campaña "mobilízate pola selva" coa recollida de 150 terminais

Remata o curso e con el rematamos a campaña organizada polo alumnado de 1º da ESO de recollida de dispositivos móbiles para enviar ao Instituto Jane Goodall, e así apadriñar  a algún dos chimpancés que teñen no centro.

Foron varios meses de colaboración nos que conseguimos recoller 150 dispositivos e con eles apadriñar a tres «Chimpamigos»: Xeze, Hiila,  e finalmente Kabi. 

Deixámosvos un vídeo para que coñezades a Kabi, a última en sumarse ao cole!! O próximo curso volveremos con este proxecto.