Admisión a Bacharelato

Curso 23-24

A partir do 1 de febreiro

[O PROCESO] Datas e información clave.

O Bacharelato ten un proceso de admisión propio, dado que é unha etapa privada. Accede á sección de Bacharelato para coñecer as características propias da oferta no noso centro.

A partires do mércores 1 de febreiro podes presentar a solicitude para participar no proceso de matrícula. Será necesario cubrir o documento de solicitude do centro e achegar o boletín de notas de 3º da ESO.

Pódese entregar na secretaría ou a través do correo eletrónico  secretaria@salesianosvigo.es

A presentación non compromete a matricularse, únicamente manifesta o interese en participar no proceso de matrícula. Este primeiro prazo abrangue ata o 20 de marzo.

Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4º da ESO do centro, procederase a asignación de prazas vacantes entre os solicitantes. Para a asignación teremos en conta unha combinación de diversos criterios:

  • Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro. (Criterio preferente).
  • Centro de procedencia: teñen preferencia o alumnado procedente do Colexio Don Bosco (Salesianas) e o Colexio Plurilingüe «El Pilar» (Maristas). Nun segundo momento o alumnado de Centros concertados de Escolas Católicas.
  • Modalidade de Bacharelato que solicita, prioriozarase facer itinerarios compensados en alumnado.
  • Pai ou nai antigo alumno de Salesianos; ou familiares con vinculación á familia salesiana.
  • Cualificacións de 3º da ESO.

Do 23 de xuño ao 7 de xullo poderás formalizar a matrícula entregando a documentación completa. 

Non hai custos suplementarios aos 180 € xa dispostos. So poderás pagar, se así o consideras, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.

Podes solicitar unha entrevista coa Xefatura de Estudos ou coa Dirección. Só tes que poñerte en contacto con nós mediante o correo: mauxiliadora@salesianosvigo.es 

O 24 de marzo: comunícase desde o centro a dispoñibilidade da praza, ou de ser o caso, ou o posto se estás en lista de espera.

Do 27 de marzo ao 14 de abril: formalízase a reserva, cun custo de 180 euros para 1º de bacharelato, que se descontará da matrícula e non será devolto no caso de non formalizala, agás se as causas son: a non titulación en 4º ESO ou o traslado de domicilio fóra de Vigo.

O centro comprométese a devolver a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou cando se acredite que o alumno ou alumna cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.

Información xeral

O centro

O carácter propio, a proposta educativa e metodolóxica...

A etapa

Navega polo día a día de Bacharelato, os proxectos e como traballamos.

Solicitude

Cubre o documento de solicitude e entregao en secretaría.