NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: A BOTELLA DE LENTELLAS
MATERIA: Narrativa.
IDADE RECOMENDADA:de doce anos en diante
CONTIDO (da páxina da editorial):
Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, 2023
Nun lugar de Aragón, cuxo nomee é Zaragoza, a editorial Cuadratura vaise a pique. Ata que, unha mañá como calquera outra, a súa editora recibe un manuscrito como ningún outro.
Para empezar, o de manuscrito é literal; trátase dun cartapacio de pregos amarelados que parecen ter séculos de antigüidade e que conteñen un testemuño fascinante: a historia real de Alonso e Sancho, os dous mozos que inspiraron O Quixote.
CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:
Achéganos á biografía de Cervantes a través dunha historia que é pura ficción, a pesar de estar baseada en certos feitos reais.
Recrea con encomiable atractivo e fidelidade episodios históricos do século XVI (a batalla de Lepanto, a piratería, o cativerio…).
A súa lingua ten deliciosos ecos do español falado nos Séculos de Ouro.
Fantasea cos posibles seres reais inspiradores de don Quixote e Sancho e convídanos así a asomarnos a tan xenial obra universal.
Fala de amor, liberdade, convivencia e literatura sen que a temática afogue a graza do relato.