NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: GARABIOTAS
MATERIA: Poesía
IDADE RECOMENDADA: de seis a oito anos.
CONTIDO (da páxina da editorial):
Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.
CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:
Regálanos unha fantástica colección de poemas para recitar aos máis pequenos e familiarizalos coa maxia das palabras.
Explora a relación entre poesía e xogo con tanta sinxeleza como graza.
Utiliza a nosa lingua galega con gran riqueza e singular musicalidade.
Actualiza formas clásicas da poesía popular, como a canción de berce, a canción para vestirse, a brincadela…
As ilustracións de María Lires están á altura dos poemas en frescura, liberdade e lirismo.