NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: La economía en cómic
MATERIA: ciencias sociais, economía
IDADE RECOMENDADA: de nove anos en diante
CONTIDO (da páxina da editorial):
Un cómic para entender como e por que a economía está en todas partes!
Zoe é unha moza de 12 anos e vive coa súa nai, que acaba de quedar en paro. Preocupada por ela, quere axudala a atopar traballo, pero como facelo?
Por sorte, contará coa axuda da señora Robinson, a súa veciña e antiga profesora de Economía, agora xa xubilada, e dos seus amigos, con quen falará dos grandes temas da economía para tentar atopar unha solución.
CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:
Demostra que o cómic, ademais de contar historias, pode axudarnos a entender o mundo.
Sitúa a economía no ámbito do cotián, sen perder a perspectiva global e o compromiso co mundo.
A opción por un debuxo de liña clara é excelente para facilitar a lectura do texto, importante e extenso nun ensaio sobre economía.
Define e nos interrroga sobre multitude de conceptos transcendentais para entender a nosa sociedade.
Afai a nenos e nenas a considerar que temás aparentemente adultos son tamén transcendentais na súa vida.