NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: ME ABURRO
MATERIA: Narrativa, contos para contar.
IDADE RECOMENDADA: de seis a oito anos
CONTIDO (da páxina da editorial):
Por que nos aburrimos? Que significa estar aburrido? Que cousas nos aburren? Como sería o parque de atraccións máis aburrido do mundo? Un enxeñoso libro sobre o aburrimento que nos fará rir a gargalladas.
Do aclamado autor xaponés Shinsuke Yoshitake, capaz de espremer todo o humor de calquera situación cotiá.
CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:
Mestura o álbum ilustrado, a narración e o ensaio, para lograr unha obra total, definitivamente poética.
A súa creatividade resulta desbordante e divertidísima.
Aborda o tema do aburrimento desde diferentes enfoques e, ao final, cativa a pequenos e grandes.
O seu afán de non ensinar nada nin de lanzar ensinanzas sáldase con innumerables ideas que nos levan a pensar.
A relación entre imaxes e o texto multiplica as posibilidades expresivas de ambas as linguaxes