Cinco alumnas de 2º da ESO gañaron o primeiro premio, na modalidade de Investigacións Primeiras (1º e 2º ESO), no festival científico CinVigo celebrada durante a fin de semana do 20 e 21 de abril.
CinVigo é un iniciativa do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina do Universidade de Vigo, que pretende converter as rúas da cidade nun a auténtico laboratorio aberto a toda a cidadanía.
Máis de 250 alumnos da ESO participaron nesta edición de CinVigo 2024, Ciclos formativos de Bacharelato e FP. En total expuxéronse 60 obras desenvolvido por alumnos de 25 centros educativos de toda Galicia.
Do cole participaron dous grupos, un na categoría de 3º e 4º da ESO cun proxecto de depuración de augas, e outro, o proxecto premiado na categoría de 1º e 2º da ESO.,que consistiu no desenvolvemento dun illamento térmico feito de papel reciclado. Este revestimento aséptico, antifúngico e impermeable pretende facer o ciclo téxtil máis ecolóxico, eficiente e barato. As científicas premiadas son Daniela García, Carla González, Eila Lago, Paula Meana e Natalia Pérez xunto co profesor de Bioloxía e coordinador do Proxecto Luis Quiroga.
Achegamosvos as novas publicadas no Faro de Vigo (La ciencia, ganadora moral del festival “CinVigo”) e no Atlántico Diario (Los proyectos de energía verde triunfan en el CinVigo) que recollen o evento.
Moitos parabéns ao equipo gañador e a tódolos participantes.