6º de Infantil visita Naturnova

O martes 8 de marzo, os nenos e nenas de 5 anos saímos das aulas para aprender máis sobre o espazo e todo o que nel se pode atopar.

Visitamos NATURNOVA onde grazas a Eloy e Mariam experimentamos, dunha forma lúdica e divertida, diferentes actividades baseadas nos planetas, a lúa, a terra… e incluso disfrutamos dunha «viaxe» a través do fondo do mar nun simulador de submarino. Como se entrean os bos astronautas!!

O universo é un mundo infinito por descubrir!!!!