INFANTIL

Benvidos a Infantil

Dámosvos a benvida a Infantil, un espazo de crecemento seguro no corazón da cidade que latexa para que os nosos estudantes medren dun xeito pleno. Eles son os verdadeiros protagonistas da nosa razón de ser. O noso proxecto educativo baséase en educar co corazón. 

A etapa

Infantil caracterízase por ser unha das etapas máis importantes no desenvolvemento da infancia no que botan raíces procesos clave como o autocoñecemento ou as relacións sociais.  Os cativos atópanse co seu primeiro gran desafío e teñen que traballar, entre outras, as dimensións cognitivas, afectivas e motoras.  O noso proxecto educativo baséase en educar co corazón a fin de que este proceso de maduración sexa o máis positivo posible. Ofrecemos as mellores ferramentas para medrar no eido emocional, afectivo, físico, intelectual e social. Para cumprir cun dos principios educativos básicos de Xoan Bosco: “Non basta con querer aos nosos nenos e nenas, senón que teñen que saber que son queridos”.

  • Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción, aprendendo a respectar as diferenzas.
  • Observar e explorar a súa contorna familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
  • Desenvolver as súas capacidades afectivas.
  • Relacionarse cos demais en igualdade e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse no uso da empatía e a resolución pacífica de conflitos, evitando calquera tipo de violencia.
  • Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
  • Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lecto-escritura e no movemento, o xesto e o ritmo.
  • Promover, aplicar e desenvolver as normas sociais que procuran a igualdade de xénero.

Organizamos experiencias de aprendizaxe emocionalmente positivas: son actividades, proxectos e xogos que se desenvolven nun ambiente de afecto e confianza para potenciar a autoestima do alumnado, a súa integración social e a creación dun apego seguro. Empregando unha metodoloxía manipulativa, sen libros de texto. 

Os contidos organízanse en áreas correspondentes a ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil e abordámolos a través centros de interese e proxectos: actividades globalizadas que teñan interese e significado para o alumnado e engloban os diferentes contidos

As áreas son:

  • Desenvolvemento afectivo.
  • Xestión emocional.
  • Movemento e hábito de control corporal.
  • Manifestacións da comunicación e da linguaxe.
  • Pautas elementais de convivencia e relación social.
  • Descubrimento da contorna, dos seres vivos que nel conviven e das características físicas e sociais do medio no que viven.
  • Educación para o consumo responsable e sostible e  promoción e educación para a saúde.
  • Elaboración dunha imaxe de si mesmos positiva, equilibrada e igualitaria e adquisición de autonomía persoal.
  • Educación en valores

Sen que resulte esixible para afrontar a Educación Primaria con éxito, favorecemos unha primeira aproximación á lectura e á escritura, así como experiencias de iniciación temperá en habilidades numéricas básicas, nas tecnoloxías da información e a comunicación, na expresión visual e musical, e unha primeira aproximación ao inglés . Ámbitos que imos coordinar e acompañar coidando moito no tránsito á etapa de Primaria.

Queremos que o colexio e a familia sexamos un mesmo equipo. Pedirémosvos que veñades moito ao cole (obradoiros, actividades, festivais…) e que acheguedes e propoñades no traballo diario.

Documentación da etapa

Non usamos libros, no seu lugar o alumnado conta con materiais e recursos para traballar coas mans. Isto provoca  sensacións, percepcións e experiencias que se transforman en coñecemento ao procesar a información a través de accións  motoras (suxeitar, abrochar, apertar, atar, coller, encaixar,  ensartar,  enroscar, golpear, moldear, trazar, baleirar e encher…) ou representacións (verbal ou non verbal, escrita, numérica, gráfica, musical, plástica corporal,  gestual…). 

Buscamos un interese real que envolverá as diferentes áreas do currículo de forma globalizada. Apoiámonos na curiosidade e ganas de aprender, o que provoca un proceso de aprendizaxe dinámica e cambiante.

O robot Blue Bot axúdanos coas mates: a mellorar a capacidade de abstracción, a desenvolver o pensamento lóxico, a coñecer os números … Cos Ipads achegámonos a contidos interactivos e desafíos para solucionar en equipo.

Nas dúas horas semanais en inglés, xogamos e aprendemos a lingua en situacións cotiás e de xogo. Vocabulario, cancións,…

Aprendemos a recoñecer e xestionar as nosas emocións, incorporando nas rutinas diarias momentos como os Bos Días, sesións de interioridade, o rincón da calma, … 

Celebramos o Advento, Nadal, Pascua… e tamén o Magosto, o Entroido,  e moitas máis festas que, ao longo do curso , configuran un itinerario que nos anima a facer comunidade.

 O rograma lecto-escritor do centro desenvólvese de diferentes formas na etapa: Programa de prerrequisitos lectores, preparado desde o equipo de orientación e traballado de forma conxunta coas titoras no aula desde os 3 aos 5 anos. A hora do conto: dependendo da idade, un alumno conta un conto ao resto de compañeiros, a profe conta un conto á clase ou se organiza un momento de lectura individual na clase.  Ademais, contamos con propostas que integran a biblioteca escolar nas actividades que realizamos na aula.

E moito máis

Primeiro día do curso 21-22
Convivencias de Inicio de curso
Xogando e coñecendo a Don Bosco
Bailando para a graduación dos maiores...
A graduación de final de etapa