Admisión a Bacharelato
Curso 22-23
A partir do 1 de febreiro
[O PROCESO] Datas e información clave.
O Bacharelato ten un proceso de admisión propio, dado que é unha etapa privada e non segue as normas da concertada. Accede á sección de Bacharelato para coñecer as características propias da oferta no noso centro.
Presentación de solicitudes: a partir do 1 de febreiro
A partires do martes 1 de febreiro podes presentar a solicitude para participar no proceso de matrícula. Será necesario cubrir o documento de solicitude do centro e achegar o boletín de notas de 3º da ESO.
Pódese entregar na secretaría ou a través do correo eletrónico secretaria@salesianosvigo.es
A presentación non compromete a matricularse, únicamente manifesta o interese en participar no proceso de matrícula. Este primeiro prazo abrangue ata o 18 de marzo.
Criterios de asignación de prazas
Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4º da ESO do centro, procederase a asignación de prazas vacantes entre os solicitantes. Para a asignación teremos en conta unha combinación de diversos criterios:
- Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro. (Criterio preferente).
- Centro de procedencia: teñen preferencia o alumnado procedente do Colexio Don Bosco (Salesianas) e o Colexio Plurilingüe «El Pilar» (Maristas). Nun segundo momento o alumnado de centros concertados de Escolas Católicas.
- Modalidade de Bacharelato que solicita: valoraremos facer itinerarios compensados.
- Pai ou nai antigo alumno de Salesianos: ou familiares directos con vinculación á Familia Salesiana.
- Cualificacións de 3º da ESO.
Formalización da matrícula: finais de xuño
En Xuño, probablemente do 27 de xuño ao 10 de xullo, poderás formalizar a matrícula entregando a documentación completa.
Non hai custos suplementarios aos 170 € xa dispostos. So poderás pagar, se así o consideras, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.
Reunión informativa con interesados e interesadas
Podes solicitar unha entrevista coa Xefatura de Estudos ou coa Dirección. Só tes que poñerte en contacto con nós mediante o correo: mauxiliadora@salesianosvigo.es
Comunicación de admitidos o 24 de marzo, e reserva de praza do 28 de marzo ao 8 de abril.
O 24 de marzo: comunícase desde o centro a dispoñibilidade da praza, ou de ser o caso, ou o posto se estás en lista de espera.
Do 28 de marzo ao 8 de abril: formalízase a reserva, cun custo de 170 euros para 1º de bacharelato, que se descontará da matrícula e non será devolto no caso de non formalizala, agás se as causas son: a non titulación en 4º ESO ou o traslado de domicilio fóra de Vigo.
No caso de non aprobar 4º da ESO.
O centro comprométese a devolver a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou cando se acredite que o alumno ou alumna cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.
Información xeral
O centro
O carácter propio, a proposta educativa e metodolóxica...
A etapa
Navega polo día a día de Infantil, os proxectos e como traballamos.
Solicitude
Cubre o documento de solicitude e entregao en secretaría.