No suposto no que ó número de solicitudes supere o das prazas ofertadas, estableceranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade. En caso de empate, resolverase aplicando as letras resultantes do sorteo público que poderán consultar aquí.
CRITERIO | PUNTUACIÓN | DOCUMENTACIÓN |
Irmáns/ás no centro | Primeiro irmán: 8 puntos | Fotocopia completa do libro de familia. |
Segundo e seguintes: 2 puntos cada un | ||
Traballador/a do propio centro | 3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores | Acreditarase polo propio centro. |
Proximidade do domicilio familiar ou lugar de traballo | Domicilio na área de influencia: 6 puntos | Certificado do Padrón Municipal de todos os membros con antigüedade mínima 1 ano, coincidindo co domicilio fiscal. |
Domicilio en área limítrofe: 3 puntos | ||
Lugar de traballo en área de influencia: 4 puntos |
Por conta allea: certificado da empresa e copia do contrato. Por conta propia: alta censual na AEAT. Traballador AAPP: Certificado RRHH. |
|
Lugar de traballo en área limítrofe: 2 puntos | ||
Renda anual per cápita da unidade familiar Suma das casiñas 435 e 460 renda 2018 dividida entre os membros da unidade familiar IPREM: 6.454,03 |
Inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos | A sinalar la solicitude. |
Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos | ||
Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto | ||
Igual ou superior ao IPREM: O puntos | ||
Discapacidade igual ou superior ao 33% | Do alumno/a: 4 puntos | Certificación oficial |
Dun pai, nai, titor: 3 puntos | ||
Irmán ou irmá: 1 punto cada un deles | ||
Pertenza a familia numerosa | Categoría Xeral: 2 puntos | Fotocopia do título oficial vixente ou solicitude ou carné familiar galego. |
Categoría Especial: 3 puntos | ||
Condición de familia monoparental | 2 puntos | Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. |
Criterio complementario “Nai, pai, titor/a antigo alumno dalgún centro da Congregación Salesiana” | 1 punto | Certificado da secretaría do Centro |