![]() |
O proceso de admisión en Bacharelato é propio, dado que é unha etapa Privada e non concertada. Accede a sección de Bacharelato para coñecer as características da oferta no noso centro. A cota prevista para o curso 21-22 é de 3.260 € anuais: 160 € no momento da matrícula e 10 cotas de 310 € O proceso para as familias de fora do centro é o seguinte:
|
Presentación de solicitudes: a partir do 1 de febreiro

A partires do luns 1 de febreiro podes presentar a solicitude para participar no proceso de matrícula. Será necesario cubrir o documento de solicitude do centro, e achegar o boletín de notas de 3º da ESO.
Pódese entregar na secretaría do centro ou a través do correo eletrónico do colexio Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
A presentación non compromete a matricularse, unicamente manifesta o interese en participar no proceso de matrícula. Este primeiro prazo abrangue ata o 30 de marzo.
Reunión informativa con interesados e interesadas

Aquelas familias que o consideren, poderán solicitar unha entrevista coa Xefatura de Estudos ou coa Dirección do centro para coñecer polo miudo as características do nos Bacharelato. Só tedes que poñervos en contacto con nós mediante os correos:
- Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
- Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Asignación das prazas

Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4º da ESO do centro, procederase a asignación de prazas vacantes entre o alumnado solicitante. No proceso teremos en conta unha combinación de diversos criterios:
- Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro. (Criterio preferente).
- Centro de procedencia: teñen preferencia o alumnado procedente do Colexio Don Bosco ( Salesianas) e o Colexio Plurilingüe "El Pilar" (Maristas) .
- Modalidade de Bacharelato que solicita.
- Familiares que sexan antigos alumnos de Salesianos.
- Cualificacións de 3º da ESO
Comunicación de admitidos: 12 de abril, e reserva de praza: do 13 abril ao 14 de maio.

O 12 de abril: comunicase dende o centro a dispoñibilidade da praza, ou de ser o caso, se está en lista de espera.
Do 13 de abril ao 14 de maio: formalización da reserva, cun custo de 160 euros, que se descontará da matrícula e non será devolto no caso de non formalizala, agás se as causas son a non titulación en 4º ESO ou o traslado de domicilio fóra de Vigo. Deste xeito, no momento no que formalicedes a matrícula só pagaredes, se así o considerades, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.
Formalización da matrícula

En Xuño ou en setembro (alumnado con materias pendentes), poderás formalizar a matrícula sen custo ningún suplementario aos 160 € xa dispostos. Nese momento so deberás pagar, de así o considerares, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.
No caso de non poder formalizar a matrícula en xullo, gardámosche a praza sempre que non teñas máis de 3 suspensas na avaliación ordinaria
No caso de non aprobar 4º da ESO.

O centro comprométese a devolverche a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou cando se acredite que o alumno ou alumna cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.