Abril e maio: A cidade da Alegría

A nosa vida precisa de momentos de alegría e de festa onde o traballo, as preocupacións e responsabilidades pasan a un segundo plano. Precisamos festexar as cousas boas que nos acontecen: festexar que temos amigas e amigos, que hai xente que nos quere e que se preocupa de nós.
Nesta recta final de curso estamos chamados a celebrar a festa da vida, á luz da Pascua de Resurrección, poñendo en valor esa nova cidade da alegría que está a brotar na nosa vida, nas nosas familias, nos nosos barrios e tamén na nosa Casa salesiana. Podemos dedicar este último tramo do curso para preparar unha celebración de todo o Colexio. É o punto de chegada de todo o que traballamos no curso: novos valores, as persoas e o seu coidado, a vocación...

Baixo o lema “A cidade da alegría” todos estamos convocados a presentar nun encontro final de todo o Colexio ese “novo mundo alternativo” que pretendemos construír durante o ano e que está inspirado no Evanxeo de Jesús. Oxalá logremos implicar a toda a Comunidade Educativa.