Celebración de Don Bosco en Primaria

O venres  29 o cole encheuse de enerxía para celebrar dun xeito especial a conmemoración a Don Bosco, e fixemos dende concursos á celebración na igrexa, pasando por unha gran xincana. A pesares dos contratempos deste curso, as nenas e nenos de educación primaria tiveron a oportunidade de seguir coñecendo ao noso fundador e de ser contaxiados da súa alegría a través de xogos na aula e no patio: equilibrismos, xogos dixitais, xeroglíficos... non faltou de nada! Consulta a Galería de fotos para revivir os mellores momentos.