Mayo20

Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Adquisición de Material Escolar 2021-22

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021-22.  Orde do 6 de maio de 2021

Beneficiarios:
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir: 
  • a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

  • b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde...

  • c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

AS SOLICITUDES:

A presentación da Solicitud (Anexo I), será preferiblemente online na sede electrónica da xunta fondo de libros ou ben de xeito presencial na secretaría do centro en horario de 9 a 12:30.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

do 21 de maio ata o 22 de xuño (incluído).

Publicación de listaxes provisionais:

9 de xullo de 2021. As persoas interesadas poderán reclamar nos 2 días seguintes ao de publicación.

Publicación das listaxes definitivas:(No taboleiro do centro).

  •  PRIMARIA: 20 xullo.
  • - ESO: 15 setembro.

Máis información:

Na web da xunta atoparás toda a información:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros