Campaña Domund 2022 - "Seredes as miñas testemuñas"

Do 17 ao 24 de Outubro sumámonos a Campaña do Domund. En tódalas etapas e cursos faremos actividades dirixidas a dar a coñecer o grande labor humanitario e evanxélico que levan a cabo as persoas misioneiras,  invitar a participar na recollida de fondos para o DOMUND e é que todo o alumnado poida descubrirse a si mesmo como “persoa misioneira” aquí e agora, colaborando en causas xustas e humanizadoras que empezan por crear ambientes de acollida e servizo tanto no Colexio como na Casa.

Animámosvos a visionar o vídeo da campaña e informarvos das actividades na web da campaña https://domund.es/