Premios Extraordinarios de Bacharelato 2022
Convócanse en Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para alumnado do curso 2021-2022.
Os requisitos son:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 21-22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de abril ó 25 de maio de 2022.
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dun formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia , ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información en PremiosEdu.