"Españavisión" un proxecto de Xeografía e Historia no cole

Españavisión é o título dunha canle de vídeos na conta de Youtube do cole, elaborados polo alumnado do centro no contexto de tarefas e proxectos estreitamente vinculados con desafíos políticos, económicos, sociais ou culturais que afectan ao noso país. 

Pretenden ofrecer unha visión global e crítica dunha realidade cada vez máis diversa e cambiante: entrevistas, efemérides, reportaxes, titoriais, curtas, animacións, vídeos musicais; calquera formato é posible para promover os valores democráticos, o compromiso social e o comportamento cívico

Hoxe achegamos dous vídeos, un cunha entrevista a un persoeiro relevante da Economía Española, na que nos traslada a súa visión sobre a realidade e os retos da Economía española, e outro titulado Escoita Activa no que se analizan situacións da vida política para exemplificar a Escoita Activa e a Comunicación Asertiva.

Disfrutadeos!!!