Festival de fin de curso en Infantil

E alá foi o curso… esto vai moi rápido. Pasadas as Festas do cole, e despois de dous anos de festival on line, as familias e o alumnado de Infantil volveron encher o cine para o gran Festival de fin de curso. 

Foi unha tarde especial de representacións e bailes no teatro, no que o  alumnado do último curso da etapa tivo un papel especial.  Jesús (o dire) e Paula (a xefa de estudos) fixéronlle entrega dos diplomas que acreditan o seu paso pola etapa de Infantil, e déronlles a benvida á etapa de Primaria: «o mesmo cole nun piso máis arriba». 

Accede á galería de fotos e atoparás os mellores momentos da xornada!