PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021 PARA 2º CICLO E. INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

 

Achegamos información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. No noso caso aféctanos únicamente as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.  Atoparala tamén no portal da xunta https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

NORMATIVA REGULADORA

GARANTÍA DE PERMANENCIA

  • Só se poderá presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, no caso de incumprilo, perderase a prioridade.
  • Sen prexuízo desta garantía, os pais, nais ou titores do alumnado poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo, debendo remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitudes de admisión.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • A solicitude, mediante o impreso (ED550B), que podes descargar aquí (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923) ou se o prefires, facilitarase gratuitamente no Centro.
  • DNI ou libro de familia que acredite a idade do alumno.
  • • Certificado de matrícula do curso actual 2019/2020.
  • En caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.

CAL É A MIÑA ZONA ?

  • Podes consultala en escolas.vigo.org seleccionando a zona de Infantil e Primaria ou no seu caso a zona de ESO, e introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.

PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO

  • O criterio complementario establecido polo noso Centro cunha puntuación de 1 punto, será ter nai, pai, titora ou titor antigo alumno dalgún centro da Congregación Salesiana.

Consulta o Calendario de Admisión.

  

Data do sorteo público a efectos de desempate

Celebrase ordinariamente a última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  • Este ano, Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2020/2021, para o primeiro apelido son as letras “T ” e “G“, e as que haberá que utilizar como elemento de desempate no segundo apelido son as letras “E” e “ X ”.
  • Podes consultar a resolución aquí

    Publicación de postos escolares vacantes

    No noso centro, a 25 de maio de 2020 son:
  • 4º EI: 50
  • 6º EI: 3
  • 5º EP: 2
  • 1º ESO: 9
  • 4º ESO: 4
  • Presentación da solicitude de admisión _ AMPLIADO

    Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes. Será do 11 de maio de 2020 e ao 18 do mesmo mes. A matrícula pode facerse on line ou en papel, e debe axustarse ao modelo do anexo II da convocatoria. Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.

    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

    Ata o día 26 de maio de 2020.

    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

    3 de xuño de 2020 no taboeiro do centro. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é de tres hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de xuño de 2020.

    Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

    Do 1 ao 10 xullo de 2020.

    Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

    do 1 ao 10 xullo de 2020.

    Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato:

    do 1 ao 10 de setembro.