bacharelato

   O proceso de admisión en Bacharelato é propio, dado que é unha etapa Privada e non concertada. O proceso para as familias de foro do centro é o seguinte:

 

   


Presentación de solicitudes: a partir do 4 de febreiro

Reunión informativa con interesados e interesadas // SUSPENDIDA

Reunión informativa con interesados e interesadas // SUSPENDIDA
Este procedemento de benvida incluía, orixinalmente, unha reunión en xuño mais, as circunstancias actuais nos obrigan a adiala ata setembro; con todo, se queredes, podemos concertar unha conversa telemática para aclararvos todas as dúbidas que poidan xurdir. Só tedes que poñervos en contacto con nós mediante os correos:
  • Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Asignación das prazas

Asignación das prazas
Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4º da ESO do centro, procederase a asignación de prazas vacantes entre o alumnado solicitante. No proceso teremos en conta unha combinación de diversos criterios:
  • Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro. (Criterio preferente).
  • Modalidade de Bacharelato que solicita.
  • Cualificacións de 3º da ESO
  • Centro de procedencia.
  • Familiares que sexan antigos alumnos de Salesianos.
Aínda descoñecemos as condicións que rexirán o curso que vén no tocante á ratio, aos espazos e á asistencia, polo que é posible que nos vexamos na obriga de baremar as solicitudes e abrir unha lista de espera coas excedentes.

Publicación de admitidos( 19 DE MAIO) e reserva de praza: do 19- 30 de maio

Publicación de admitidos( 19 DE MAIO)  e reserva de praza: do 19- 30 de maio
O 19 de maio: comunicación da dispoñibilidade da praza.
  • Do 19- 30 de maio: formalización da reserva, cun custo de 150 euros, que se descontará da matrícula e non será devolto no caso de non formalizala, agás se as causas son a non titulación en 4º ESO ou o traslado de domicilio fóra de Vigo. Deste xeito, no momento no que formalicedes a matrícula só pagaredes, se así o considerades, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.
  • Formalización da matrícula

    Formalización da matrícula
    En Xuño ou en setembro (alumnado con materias pendentes), poderás formalizar a matrícula sen custo ningún suplementario aos 150 € xa dispostos. Nese momento so deberás pagar, de así o considerares, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social

    No caso de non aprobar 4º da ESO.

    No caso de non aprobar 4º da ESO.
    O centro comprométese a devolverche a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou cando se acredite que o alumno ou alumna cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.