Matrícula en Bacharelato

Amplíase, unha semana, o prazo de presentación de inscricións a partir da data na que se reanuden as clases.

Xa está aberto o proceso de matrícula no Bacharelato para o curso 2020-2021 a familias de fora do centro. 

Se estás interesado en recibir máis información ou iniciar o proceso, aquí van os pasos a dar.

 

Proceso de Matrícula

                             

Presentación de solicitudes: a partir do 4 de febreiro

Reunión informativa con interesados e interesadas

Reunión informativa con interesados e interesadas
No mes de abril, antes de Semana Santa, convocarase unha reunión informativa aberta a familias e alumnado que presentastedes a solicitude, co obxectivo de dar información directa sobre o centro e as características da etapa, así como resolver todas aquelas dúbidas que poidas ter.

Asignación das prazas vacantes

Asignación das prazas vacantes
Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4º da ESO do centro, procederase a asignación de prazas vacantes entre o alumnado solicitante. No proceso teremos en conta unha combinación de diversos criterios:
  • Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro. (Criterio preferente).
  • Modalidade de Bacharelato que solicita.
  • Cualificacións de 3º da ESO
  • Centro de procedencia.
  • Familiares que sexan antigos alumnos de Salesianos.

Publicación de admitidos e reserva de praza: do 22 de abril ao 6 de maio

Publicación de admitidos e reserva de praza: do 22 de abril ao 6 de maio
O 20 de abril publícase o listado de admitidos e admitidas e ábrese o prazo de reserva que irá do 22 de abril ao 6 de maio. Nese momento cubrirás o impreso de matrícula e abonarás 150 € como garantía de matrícula.

Formalización da matrícula

Formalización da matrícula
En Xuño ou en setembro (alumnado con materias pendentes), poderás formalizar a matrícula sen custo ningún suplementario aos 150 € xa dispostos. Nese momento so deberás pagar, de así o considerares, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social

No caso de non aprobar 4º da ESO.

No caso de non aprobar 4º da ESO.
O centro comprométese a devolverche a cantidade entregada en concepto de reserva/matrícula. Tamén se procederá á devolución de se producir un traslado de domicilio familiar fóra de Vigo ou cando se acredite que o alumno ou alumna cursará este primeiro ano de bacharelato fóra de España.
 

 

 

Oferta académica

De cara ao vindeiro curso mantemos a oferta de dous itinerarios. Esta oferta pode sufrir algún cambio do que vos informariamos polo miudo.

Atoparás información detallada da Etapa na sección da web BACHARELATO.

Pica nos títulos para coñecer os dous itinerarios que ofertamos:

  • Bacharelato Cientifico- Tecnolóxico

    No noso centro ofertamos a modalidade de Ciencias, coa seguinte estructura de materias:

     

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -       Lingua Castelá e Literatura I

    -       Lingua Galega e Literatura I

    -       Inglés   

    -       Filosofía

    -       Educación Física

    -       Matemáticas I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    -       Matemáticas II 

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -       Física e Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía e Xeoloxía

    -       Debuxo Técnico I

    -       Química

    Escoller entre:

    -       Bioloxía

    -       Debuxo Técnico II

      -       Historia da Filosofía

    HMATERIAS ESPECÍFICAS

    -       Relixión

    -       T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -       Cultura Científica

    -       Francés I

    -       Relixión

    Escoller entre

    -    Física

    -    Ciencias da Terra 

     -     Economía da Empresa

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -       Fundamentos de Administración e Xestión

    -       Francés II

    -       T.I.C. II

    -       Psicoloxía

     

     

    *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as

  • Bacharelato Humanistico e de Ciencias Sociais

    Nesta modalidade de Bacharelato ofertamos

      1º Bacharelato 2º Bacharelato
    TRONCAIS E OBRIGATORIAS

    -          Lingua Castelá e Literatura I

    -          Lingua Galega e Literatura I

    -          Inglés   

    -          Filosofía

    -          Educación Física

    Escoller entre:

    -       Latín I

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. I

    -       Lingua Castelá e Literatura II

    -       Lingua Galega e Literatura II

    -       Inglés     

    -       Historia de España

    Escoller entre

    -       Latín II

    -       Matemáticas Ap. CC.SS. II

    MATERIAS DE OPCIÓN

    -          Historia do Mundo Contemporaneo

    -          Economía

    -          Historia da Filosofía

    -          Economía da Empresa

    MATERIAS ESPECÍFICAS

    -          Relixión

    -           T.I.C.

    Unha das seguintes a escoller:

    -          Cultura Científica

    -      Francés I

    -          Relixión

    Escoller entre

    -          Xeografía

    -          Historia da Arte

    Unha das seguintes a escoller por orde de preferencia*:

    -          Fundamentos de Administración e Xestión

    -          Francés II

    -          T.I.C. II

    -          Psicoloxía

     

     

     

     *Non se ofertarán aquelas materias que sexan escollidas por menos de 10 alumnos/as