O lema deste mes é Búscanse Heroes
A crise desvelou a moitos “heroes” sen súper-poderes; pero co gran don do amor polos demais. Eran sanitarios, xente da limpeza, persoas que facían eses servizos básicos, que para nós pasan desapercibidos. Tamén vimos o labor enorme de Cáritas, Cruz Vermella e outras entidades humanitarias. Esa é a inspiración para a nosa campaña de Xaneiro: Búscanse Heroes, pero non dos de capa e mallas axustadas, heroes coma ti.
Dende a Inspectoría Salesiana fixemos un vídeo de presentación da campaña.