Portas Abertas Infantil 2020

Sabedores da importancia da elección dun cole para os vosos fillos e filllas, ao longo do mes de Febreiro realizamos varias actividades para que poidades achegarvos a coñecernos e coñecer o que facemos en todo o cole, e en especial na etapa de Infantil. Son:

  • Xornadas de Portas Abertas: sesións grupais nas que presentamos polo miudo o centro e a etapa. Abertas a participación de ata 15 familias.
  • Visitas a Etapa de Infantil: en horario lectivo, de 16:30 a 17:30 un grupo reducido de ata 5 familias acompañadas por unha profe ou un profe do centro visitan a etapa e presentámoslle como funcionamos.
  • Entrevistas Individuais: concertanse en horario de mañá, enfocadas a atender demandas concretas e coñecer polo miudo o funcionamento do centro.

Cubre no cuestionario a opción que máis vos interese e dende o cole porémonos en contacto.  Agardámosovos