Sabedores da importancia da elección do colexio para os vosos fillos e filllas, ao longo dos meses de Xaneiro e Febreiro abrimos as portas do noso cole para que poidades achegarvos a coñecernos e coñecer o noso día a día, e en especial na etapa de Infantil.
Na sección de Infantil do cole atoparedes información sobre a etapa. Ademais, atendendo as restricións sanitarias derivadas do COVID, ofertamos :
- Entrevista individual e visita ao Centro: as familias interesadas podedes concertar unha visita, preferentemente en horario de tarde, enfocadas a presentarvos polo miudo o centro, poder facer un percorrido polas intalacións fora do horario lectivo e/ou atender demandas concretas
- Xornada Informativa Grupal: que consistirá nunha sesión informativa no Cine Salesianos o xoves 4 de febreiro ás 19:00h. Nela presentaremos polo miudo o centro e as características da etapa, respectando o aforo, as distancias e medidas de seguridade propias da situación actual.
Indicade no cuestionario a opción que máis vos interese e dende o cole porémonos en contacto para confirmar o encontro.