1º ESO visita Campolameiro

Un ano máis o alumnado de 1º ESO visita o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, un dos conxuntos de Arte Rupestre máis importantes de Europa. Unha oportunidade única para coñecer de cerca petróglifos, gravados nas rochas ao aire libre, de máis de 4000 anos. Arqueólog@s por un día, practicamos algunhas das técnicas que se utilizan para rexistrar a imaxe dun gravado e a través da exposición permanente recollemos moita información sobre a vida cotiá na Idade do Bronce. Sacamos fotos, tomamos apuntamentos, preguntamos, reflexionamos, investigamos,... e agora toca facer as reportaxes. Nun par de semanas nos nosos blogs de aula.

Visita a Galeria de fotos da xornada