Historia da Arte no museo do Prado

Mércores 19 de febreiro, xornada intensa para os alumnos e alumnas da materia optativa de Historia da Arte de 2º de bacharelato que viaxamos a Madrid, ida e volta no mesmo día, para coñecer algunhas das obras que entrarán na proba de acceso á universidade.
Hoxe a clase é a tamaño natural, tomamos os apuntamentos diante das obras, de pé, camiñando, entre séculos de historia e de historias, ollando con prespectiva, un sin fin de cores, luces e sombras.
Fóra dos libros de texto e das diapositivas as obras cobran vida e teñen moito que contar. Escoitamos con emoción, ás veces incluso nos acercamos demasiado, para procurar o significado. Arteolla. Visita a Galería para ver algunhas instantaneas da xornada