Protagonista da Semana en Infantil
A actividade consiste en que cada semana un ou unha de nós somos PROTAGONISTAS!! , compartindo cos compañeiros e compañeiras da clase un mural con fotos de momentos e persoas importantes na nosa vida. Tamén as nosas familias escriben unha carta cercana, agarimosa e afectiva describíndonos e contando aspectos como: as nosas comidas favoritas, as nosas aficcións, e qué nos gusta facer cando non estamos no cole…. Co fin de coñecernos un pouquiño mellor.
A pesar de que este curso moitas cousas cambiaron, non queríamos que esta actividade fose unha delas, aínda así, tivemos que adaptarnos as circunstancias. Por exemplo, o mural e a carta teñen que vir plastificados ou nun formato dixital e, a actividade que un familiar do protagonista viña a compartir con nós na aula unha tarde, agora tamén mostrámoslla ós nenos e nenas en formato dixital . Botamos moito de menos esa visita semanal pero a esencia está ahí es seguimos a ser protas por unha semana.
Os protagonistas deste trimestre fomos:
ROI, ÁLVARO, ICÍA, BRUO, ANTÍA, DIEGO, JORGE, ADRIANA, PEDRO, ALLEGRA,
ÁLVARO, MARTÍN, ANTÍA , UXÍA,CARLOTA,KEYLOR , ADRIÁN Y ALEJANDRO ….
Accede a galería para ver algunhas fotos na que salimos super guapos e guapas cos nosos murais.