Jul18

Publicados os listaxes do fondo de libros para o curso 20-21

Xa están publicadas as listaxes provisionais de Fondo de libros para Primaria. Podedes consultalas no taboleiro da portería do centro.

As listaxes definitivas publicaranse o 17de xullo.

Os vales para adquisición de libros para 1º e 2º de Primaria e os vales de material para toda a etapa de primaria están xerados e á vosa disposición na portería do centro. Podedes pasar a retiralos dende o martes 14 de xullo ata o venres 17 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá.