Oct01

Obradoiros Chromebook para Familias

Tal e como avanzamos nas reunións de inicio de curso, convócanse obradoiros de formación para familias. Especialmente dirixio as familias de 5º e alumnos/as novos, pero aberto a tódolos interesados.

O obxectivo destes obradoiros é dobre: por unha banda capacitarvos como pais e nais para que teñades acceso a toda a información sobre o uso do dispositivo e así poder axudar aos vosos fillos/as, e pola outra concretar recomendacións de uso, normas de seguridade e criterios xerais.

Para o obradoiro precisamos que veñades co dispositivo do voso fillo ou filla e coñecedores da súa conta e contrasinal. Estimamos que será unha sesión dunha hora de duración, para grupos de aproximadamente 30 persoas.

Os días previstos son Martes 15 de outubro, de 19:30 a 20:30 e o Xoves 17 de outubro, de 19:30 a 20:30Entraremos pola portería do cole e en función do número de apuntados concretaremos o lugar.

Para apuntarte cubro o formulario