Mayo22

Recollida de material escolar ESO- BACH

Recollida de material escolar ESO- BACH

Segundo as últimas informacións que manexamos, o vindeiro día 25 pasaremos á fase 2 de desescalada, polo que se nos permitirá desprazarnos cunha meirande liberdade. Xa que logo, consideramos que será un bo momento para que o alumnado poida recuperar o material que quedou no colexio tralo peche do 13 de marzo.

 

A organización desta recollida deberá cumprir uns rigorosos requisitos de seguridade que procedemos a explicar: 

 

- O alumnado de 4º ESO e Bacharelato poderá vir el mesmo.

- No caso de 1º, 2º e 3º ESO, serán a nai ou o pai quen terá que achegarse ao colexio. 

 

Todas as persoas terán que vir provistas de mascarilla e, a poder ser, luvas.

 

A entrega realizarase pola entrada da rúa Venezuela (ao carón da libraría), cun itinerario concreto de entrada e saída que estará debidamente sinalizado. Cabe a posibilidade de que se produza cola de espera, polo que vos pedimos paciencia e que respectedes a distancia de seguridade responsablemente. 

 

As datas e horas de entrega son as seguintes:

  • 1º e 2º de Bacharelato: 25 de maio de 16:00 a 18:00 horas. 

  • 3º e 4º ESO: 26 de maio de de 16:00 a 18:00 horas. 

  • 1º e 2º ESO: 27 de maio de de 16:00 a 18:00 horas.

 

É fundamental respectar este calendario e este horario, para garantir as condicións sanitarias, tanto para o persoal do centro como para vós. Non podemos asegurar que poidades recuperar os vosos bens se non vides no prazo estipulado. 

 

O material estará embolsado, co nome da alumna o alumno, disposto nunha mesa no vestíbulo para que a recepción sexa o máis sinxela posible. As pertenzas sen identificar tamén se presentarán na mesa sen que poidamos garantizar que o recolle a persoa propietaria.

 

O alumnado que dispuña de material do fondo de libros, tamén terá que recollelo e proximamente vos indicaremos o procedemento de devolución.