Mayo22

Recollida de material escolar EI- EP

Recollida de material escolar EI- EP

Segundo as últimas informacións que manexamos, o vindeiro día 25 pasaremos á fase 2 de desescalada, polo que se nos permitirá desprazarnos cunha meirande liberdade.

Xa que logo, consideramos que será un bo momento para que o alumnado poida recuperar o material que quedou no colexio tralo peche do 13 de marzo.

 

A organización desta recollida deberá cumprir uns rigorosos requisitos de seguridade que procedemos a explicar: 

 

  • No caso de Educación Infantil e Primaria, serán a nai ou o pai quen terá que achegarse ao colexio. 

  • Todas as persoas terán que vir provistas de mascarilla e, a poder ser, luvas.

  • A entrega dos libros de Primaria realizarase pola entrada da rúa Venezuela (ao carón da libraría), e a entrega do material de Infantil, realizarase pola Rúa de Taboada Leal, a mesma entrada de Infantil, cun itinerario concreto de entrada e saída que estará debidamente sinalizado. Cabe a posibilidade de que se produza cola de espera, polo que vos pedimos paciencia e que respectedes a distancia de seguridade responsablemente.

 

• As datas e horas de entrega son as seguintes:

  • 4ºINFANTIL: 2 de xuño de 10:00 a 12:00

  • 5º INFANTIL : 3 de xuño de 10:00 a 12:00

  • 6ºINFANTIL: 4 de xuño de 10:00 a 12:00

  • 1º e 2º EP: 2 de xuño 10:00 a 12:00 horas.

  • 3º e 4ºEP : 3 de xuño de 10:00 a 12:00 horas.

  • 5º e 6º EP: 4 de xuño de 10:00 a 12:00 horas.

 

É fundamental respectar este calendario e este horario, para garantir as condicións sanitarias, tanto para o persoal do centro como para vós. Non podemos asegurar que poidades recuperar os vosos bens se non vides no prazo estipulado.

 

  • O material estará embolsado, co nome da alumna o alumno, disposto nunha mesa no vestíbulo de cadaunha das dúas entradas, para que a recepción sexa o máis sinxela posible. Tamén nestas datas entregaranse os patíns da actividade extraescolar de patinaxe. 

  • O alumnado que dispuña de material do fondo de libros, tamén terá que recollelo. Proximamente vos indicaremos o procedemento de devolución.