infantilbaner
 
A etapa infantil caracterízase por ser unha das etapas máis importantes no desenvolvemento infantil: botan raíces os sentimentos de autocoñecemento propio e os da sociedade.
Os cativos atópanse co seu primeiro gran desafío e teñen que traballar aspectos congnitivos, afectivos e motores. 
O noso proxecto educativo baséase en educar con corazón para que este reto sexa o máis positivo posible. Ofrecemos as mellores ferramentas para medrar no eido emocional, afectivo, físico, intelectual e social para cumplir
a premisa de Xoan Bosco: “Non basta con querer aos nosos nenos e nenas, senón que teñen que saber que son queridos”.

Para chegar a esta meta traballamos conxuntamente tres grandes eidos que traballan interrelacionados: a acollida, as competencias e as capacidades.
Descarga o resume do proxecto ou navega pola presentación para coñecer os detalles do noso proxecto en Infantil