Neste plan recollemos as medidas que dende os diferentes departamentos e materias se toman para facilitar ao alumnado que ten materias pendentes doutros cursos a adquisición dos contidos mínimos e as competencias que lles permitan superalas mesmas e progresar con éxito ao longo da educación secundaria obrigatoria.
Estrutura do plan:
O plan articúlase en materias e departamentos, e en cada materia recolle tres liñas:
- Un documento de departamento que inclúa as medidas o en tódalas materias e entódolos niveis educativos de ESO e Bacharelato das materias do departamento.
- Un programa que inclúe un acompañamento que teña un efecto motivador do alumnado con materias pendentes de modo que a recuperación non se centre só na realización dun ou varios exames.
- Un documento por materia que recolle:
- Procedementos e instrumentos de avaliación:
- Criterios de cualificación.
- Criterios de avaliación e contidos mínimos esixibles para obter unha cualificación positiva.
- Calendario de Reunións Periódicas co alumnado.
O calendario de exames:
No centro están reservadas datas para dúas convocatorias de probas. A realización ou non de proba dunha materia depende do prodecemento de avaliación establecido na materia. As datas previsas en 2014/2015 son:
- Xaneiro: a volta das Vacacións de Nadal
- Abril: A volta das vacacións de Semana Santa.
Para máis información:
Descarga o plan (actualizado ao curso 16-17) ou fala co mestre da túa materia.
Nos seguintes documentos descríbese os contidos, criterios de avaliación e estándares en cada materia (por departamentos).