Os centros educativos son espazos de convivencia moi importantes para os rapaces e rapazas, e sabemos que onde hai convivencia hai conflito. Partimos da consideración de que o conflito non é nin bo nin malo, aínda que normalmente é desagradable. O que marca a diferenza en moitos casos é o xeito de afrontalo e pode converterse nun elemento de crecemento tanto individual como colectivo
Nese marcoa mediación entre iguais é unha ferramente que nos resulta moi útil. Contamos cun grupo de mediadores formado por alumnos/as de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e coa figura dun mediador ou mediadora en tódolos Consellos de Aula en Secundaria.
O proceso de formación comeza no mes de outubro, coa selección dos alumnos/as. Durante o primeiro trimestre farán un proceso de 8 sesións formativas de aula e unha xornada de convivencia fora de horario escolar. Co comezo do 2º trimestre intégranse no grupo e comezan a atender as demandas que cheguen ao Grupo de mediadores.
Os conflitos
Son parte natural nas relacións das persoas.* O problema non é o conflito, senón cómo se aborda.
- So é viable a mediación naqueles conflitos nos que ambas parte estean dacordo e queiran chegar a unha solución.
- A mediación non substitúe as normas de xestión disciplinaria do centro.
- Un conflito que chega a xefatura de estudos pode ser derivado a mediación como forma de resolución, non alternativa ao R.R.I.
- As persoas en conflito poden solicitar unha mediación.
Fases da mediación
- Demanda: A través dun buzón, ou directamente a un mediador/a.
- Premediación:valórase se a demanda é de mediación ou non. Entrevista por separado con ambas partes e créanse as condicións para que ambos acepten a mediación
- Mediación:no caso de acceder ambos, xuntámonos na sala de mediación,preferentemente en horario escolar
- Acordo:no caso de acadarse un acordo, asínase entre ambos.
- Seguemento:posteriormente hai unha sesión de revisión do seguemento dos acordos adoptados por parte dos mediadores.
Implicados/as
- Calquera membro da comunidade escolar pode solicitar a mediación
- Está máis orientada ao alumnado da ESO e 3º ciclo de primaria do colexio
- Ambos implicados: aceptan de forma voluntaria a mediación.
- Ambos queren colaborar na resolución do conflito.
- Ambos aceptan as normas da mediación: confidencialidade
- Poden propor os mediadores
- A solución ao conflito debe ser proposta e aceptada por ambos
Os mediadores e mediadoras
Son alumnos/as con formación en en habilidades para:
- Saber escoitar
- Axudar a clarificar
- Non xulgar, non opinar
- Porse no lugar do outro
- Ofertar alternativas
- Aceptar o acordo dende o punto devista das partes
- Facer seguemento do acordo
Avantaxes e límites da mediación
Consideramos é unha ferramente moi útil para a xestión da conviencia que ten avantaxes, e somos conscientes dalgúns dos límites.
Vantaxes | Límites |
|
|