As siglas POAP responden a Programa de Orientación Académico e Profesional. A finalidade fundamental da orientación académico- profesional e vocacional nos centros Salesianos é a de promover o coñecemento persoal do alumno e alumna, así como da realidade que lle rodea e das posibilidades académicas e profesionais co fin de formular o propio proxecto de vida encamiñado ao seu desenvolvemento integral, persoal e social.
Queremos axudar, e na medida que el queira, acompañar a cada alumno e alumna na toma de decisións realistas sobre o seu futuro, en consonancia coas súas aspiracións, crenzas, valores e proxecto de vida.
Contamos cun Blog xestionado polo departamento no que se actualiza toda a información académica relevante e incluímos datas de interese.
Contidos da Acción Titorial en Secundaria relacionada co POAP
1º ESO: ESTRUTURA DA ESO
2º ESO: PRIMEIRAS ELECCIÓNS: OPTATIVAS EN 3º ES
3º ESO: ELECCIÓN DE 4º ESO
4º ESO: E AGORA QUE?
1º BACHARELATO
A Quincena de Orientación Académica e Profesional
A mediados de febreiro, primeiros de Abril, organizamos a Quincena de Orientación Académica e Profesional en colaboración coa ANPA. Durante un par de semanas, agrúpanse diferentes actividades destinadas a informar e enriquecer o proceso de reflexión persoal. Entre outras as principais actividades son:
- Visita a Universidades: 1º Bacharelato visita Santiago e 2º Bacharelato visita a Universidade de Vigo.
- Mostra de ámbitos profesionais: pais e nais da ANPA achéganse a sesións de titoría para presentar o seu desempeño profesional, e organizamos unha mostra un venres pola tarde na que agrupados por ámbitos, diferentes profesionais presentan as caracterísitc
- Mostra de estudos superiores: contamos coa colaboración de exalumnos e exalumnas do centro, que se achegan a participar nunha mostra co obxectivo de explicar a aqueles que estén interesados, como son os estudos que están cursando neste momento na Universidade ou nalgún ciclo de Formación Profesional.
Con estas xornadas conseguimos por en contacto ao alumno/a con persoas que están estudando ou traballando no ámbito polo que amosa interese, favorecendo un diálogo directo. Tanto para a xornada de ámbitos profesionais, como para a de estudos superiores, partimos dunha enquisa de intereses recollida en Bacharelato e 4º da ESO.