Benvidos a Primaria

Dende a etapa de Educación Primaria damos continuidade o proceso iniciado na Educación Infantil na procura de acompañar o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas.  Ofertamos un estilo educativo baseado na atención individualizada do alumno aberto á realidade social na que vivimos asumindo unha responsabilidade de constante cambio, sendo participativa, cooperativa, creativa e co estilo pedagóxico preventivo de “Don Bosco”.

A etapa

A finalidade desta etapa é facilitar ao alumnado as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo, e  a adquisición de nocións básicas da cultura. Pero tamén os hábito  de convivencia, de estudo e traballo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade. Todo co fin de garantir unha formación integral que contribúa ao pleno  desenvolvemento da personalidade do alumnado e de preparalos para cursar con aproveitamento a Educación Secundaria Obrigatoria.

  • Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas de forma  empática, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
  • Adquirir habilidades para a resolución pacífica de conflitos e a prevención da violencia, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito escolar e familiar, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
  • Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas por motivos de etnia, orientación ou identidade sexual, relixión ou crenzas, discapacidade ou outras condicións.
  • Coñecer e utilizar de maneira apropiada a lingua castelá e, se a houber, a lingua cooficial da Comunidade Autónoma e desenvolver hábitos de lectura.
  • Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.
  • Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.
  • Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias da Natureza, as Ciencias Sociais, a Xeografía, a Historia e a Cultura.
  • Desenvolver as competencias tecnolóxicas básicas e iniciarse na súa utilización, para a aprendizaxe, desenvolvendo un espírito crítico #ante o seu funcionamento e as mensaxes que reciben e elaboran.
  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
  • Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física, o deporte e a alimentación como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
  • Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan a empatía e o seu coidado.
  • Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.
  • Desenvolver hábitos cotiáns de mobilidade activa autónoma saudable, fomentando a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

A nosa proposta educativa fai do alumno o protagonista do seu proceso educativo. Nese marco, a proposta metodolóxica basease no emprego de técnicas activas, motivadoras e participativas orientadas a crear situacións de aprendizaxe nas que o  aprenda, e teña conciencia desa aprendizaxe, de forma que experimente un éxito académico e persoal.

Ao longo da etapa procuramos a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado cunha perspectiva global e adaptada aos ritmos de traballo en tarefas , de materia e interdisciplinares, proxectos, e actividades complementarias.

O enfoque competencial (a combinación de coñecementos, destrezas e actitudes) guia o deseño e a avaliación das tarefas e proxectos do centro. Neste marco, tomamos como refeerncias as 8 Competencias Clave recomendación do Consello da Unión Europea de 2018 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible da Axenda 2030.

A educación en valores faise no día a día, na convivencia positiva, respeteuosa, pacífica e consciente de tódolos que formamos a comunidade educativa. Neste ambiente de familia, os valores cristiáns da Proposta Educativa Salesiana c

A actividade Pastoral, desenvólvese a través dos Bos Días (reflexión realizada en todos os centros Salesianos), campañas, celebracións relixiosas das festas escolares (Don Bosco, María Auxiliadora…), convivencias e sesións de interioridade.Os valores adquiren gran importancia no noso proxecto educativo-pastoral, polo que se traballan de forma transversal poñendo o acento en que Educar é cousa do corazón.

O plan de pastoral do centro vai a 

Preocúpanos acompañar o tránsito con éxito á Educación Secundaria Obrigatoria. Para iso Especial fincapé nas aprendizaxes que teñen carácter instrumental para a adquisición doutras competencias.

  • Aprender a aprender:  ser autónomo na xestión do tempo, autoavaliarse,  aprender a estudar, …
  • Áreas  instrumentais: comunicación  lingüística, matemática e ciencia e teconoloxía, …

A creación dun ambiente de familia que acompañe ao alumno e favoreza o seu benestar e desenvolvemento emocional vai máis aló do horario lectivo.

Dende o Centro Xuvenil Abertal ofertar Grupos de educación na Fe e actividades de tempo libre educativo, alineados coa proposta do colexio.

Na tarefa sobre as comunidades autónomas de 5ºEP , o alumnado organizase en equipos cooperativos para investigar e posteriormente informar aos compañeiros , creando pequenos documentais con Chroma.

O alumnado de 6º EP investiga sobre a célula e sobre a personalidade de Dona Margarita Salas, no marco do proxecto «mulleres»  e enviáronlle un vídeo agasallo polo seu 80 aniversario 

O alumnado de 1º EP fálanos dos microorganismos: bacterias e vírus, para informar a todo o cole e concienciar en tempos de Pandemia.

Ademais das horas de Inglés, o plurilingüismo na etapa de primaria faise vida a través de distintas actividades que realizamos durante o curso escolar: 

  • Bos días en inglés
  • Materia de Arts and Crafts, con lector.
  • Festexos de datas especiais coma Halloween, Christmas, Saint Patrick e Easter
  • Oferta de inmersións llingüística en 6º para que experimenten, melloren e tomen contacto directo co mundo anglosaxón, facendo desta oportunidade unha gran experiencia.
 

En 5º de primaria o alumnado adquire un chromebook, e iniciase o proxecto 1×1 con dispostivos na aula. Xa antes, en 4º EP, cada alumno recibe unha conta no dominio @aulasalesianosvigo.es e  aprendemos o uso do entorno dixital Google Workspace for Education, que será o entorno dixital de colaboración e aprendizaxe ata Bacharelato. O traballo da “Competencia Dixital”, abrangue os bloques de : información, comunicación e colaboración, creación de contidos dixitais e seguridade. Facilitando que o alumnado que non sexan só consumidor senón creadores do seu propio contido dixital que evidencie a súa aprendizaxe.

Empregamos a aprendizaxe cooperativa de David W. Johnson – Roger T. Johnson.  O alumnado organízase en equipos base, e para o desenvolvemento das actividades usanse técnicas de cooperativo formal e cooperativo informal. Esta metodoloxía enriquece a aprendizaxe, mellorar as habilidades persoais e interpersoais e crear un ambiente no cal todos aprendemos de todos.  Habilidades sociais como a escoita activa, responsabilidade individal, a organización, as interacción cara a cara, etc. desenvolvense e fortalécense no traballo cooperativo.

E máis

Primeiro día do curso 21-22
Convivencias Cristiás
Festival de Nadal
Manifesto do día da Paz.
Festa do Magosto colexial