O martes 31 celebramos a Festa de Don Bosco, coa mesma ilusión e gañas de pasalo ben de sempre. Ao longo da semana o cole encherase de música, ensaios, baile… porque volven os tradicionais festivais de playbacks, os torneos, as xincanas de xogos nas aulas.. Volven as festas grandes de Don Bosco 

E como sempre, non soamente no cole, toda a Comunicade Salesiana de Vigo organiza actividades e propomos momentos de encontro e celebración. Descarga o programa,  Infórmate a participa.