Proxecto: "12 meses, 12 mulleres artistas"

Polo profesor encargado, Antonio Leal:

Velaquí o site onde podedes atopar toda a información sobre o proxecto que o
alumnado de 4º ESO de Plástica e Francés fixeron no primeiro trimestre. Tiñan como
obxectivo deseñar un calendario inspirado en 12 mulleres artistas, unha por cada mes.
Poderían destacarse moitas cousas desde proxecto, pero quedámonos con dúas:
É a primeira vez que conseguimos que o alumnado faga un produto elaborado por eles
mesmos e completamente educativo que lle sirva para recadar fondos para a súa viaxe
final de etapa (que tempos os de vender mantecados e rosquillas). E a segunda,
persoalmente aprendín moitísimo, e creo que ese é o verdadeiro sentido da educación
hoxe en día, atoparnos a gusto xuntos, alumnado e profesorado, cunha actitude aberta
a coñecer historia e coñecementos, aprendendo habilidades e competencias para a
nosa vida. E se ademais son capaces de facer chegar esa historia e coñecemento a 700
casas… que máis se pode pedir!

Visita a web de resumo do proxecto: