SECUNDARIA

"Con curiosidade e alegría"

Un espazo seguro no que adquirir elementos fundamentais da cultura nos eidos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. Como continuación natural da Educación Primaria, nesta etapa afiánzanse hábitos como o lector, o do traballo en equipo ou o da superación individual. Ademais, iníciase o percorrido cara ás escollas vocacionais e albíscanse as primeiras decisións encamiñadas a facer realidade o proxecto vital. Xa que logo, cobran especial importancia a educación en valores cristiáns e o desenvolvemento das diversas intelixencias, entre as que destacan a interpersoal e a intrapersoal

A etapa

Sendo o interese primordial do ensino obrigatorio o pleno desenvolvemento da personalidade de cada alumna, de cada alumno, así como a súa formación integral (intelectual, física, social, psicolóxica, afectiva, ética e moral), nesta etapa trabállanse, ademais das disciplinas curriculares, unha chea de aspectos que pretenden responder ás necesidades dun ser humano que saia ao mundo convertido nun cidadán tolerante e crítico; nun cristián sensible e comprometido co seu tempo. A educación para a paz, para a igualdade, para a interculturidade, para a ecoloxía, para a saúde e para o consumo, artellados en torno á educación cristiá do século XXI conforman un tecido compacto pero tamén dúctil no que traballamos en dúas direccións complementarias:

  1. Desenvolvendo a capacidade de ver quen somos, como somos, que queremos, que sentimos e por que. 
  2. Desenvolvendo a capacidade humana de darlle un sentido trascendente á vida. 
  3. Desenvolvendo a sensibilidade por manifestacións artísticas diversas, como a literatura, o teatro, a música ou a pintura. En definitiva, pola beleza. 
  1. Mediante o desenvolvemento de tarefas interdisciplinares que se inspiran na realidade próxima.
  2. Mediante a normalización do traballo dixital, non como fin en si mesmo, senón como canle de adquisición, de intercambio e tamén de produción de información.
  3. Mediante a exposición pública e cotiá do traballado: radio escolar, teatro…
  4. Mediante o traballo cooperativo, que nos propón establecer relacións positivas entre iguais, sentando as bases dunha comunidade de aprendizaxe na que se valoran a diversidade, a colaboración e a empatía.

Plan de estudos

 1º ESO2º ESO3º ESO

MATERIAS TRONCAIS

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Xeografía e Historia
  • Matemáticas
  • Primeira Lingua Extranxeira: Inglés
  • Lingua Galega e Literatura
  • Física e Química
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Xeografía e Historia
  • Matemáticas
  • Primeira Lingua Extranxeira: Inglés
  • Lingua Galega e Literatura
  • Biología y Geología
  • Física y Química
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Castelá y Literatura
  • Primeira Lengua Extranjera: inglés
  • Lingua Galega e Literatura

Materias de opción  escoller entre:

  • Matemáticas Orientadas a las Enseñanzas Académicas
  • Matemáticas Orientadas a las Enseñanzas Aplicadas

MATERIAS ESPECÍFICAS 

  • Educación Física
  • Relixión
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual
  • Segunda Lingua extranxeira: Francés
  • Educación Física
  • Musica
  • Tecnoloxía
  • Segunda Lingua extranxeira: Francés
  • Educación Física
  • Relixión
  • Segunda Lingua extranxeira: Francés
  • Educación Plástica, Visual e Audiovisual
  • Música
  • Tecnoloxía
LIBRE CONFIGURACIÓN
  • Obradoiro Musical
  • Relixión
  • Cultura Clásica
Non Curriculares
  • Titoría
  •  Titoría
  • Titoría
 
 Itinerario CientíficoItinerario de Humanidades e Ciencias Sociais
TRONCAIS E OBRIGATORIAS
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Galega e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira: Inglés
  • Relixión
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas
  • Educación Física
  • Titoría
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Galega e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira: Inglés
  • Relixión
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas
  • Educación Física
  • Titoría

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química
  • Economía
  • Latín
MATERIAS ESPECÍFICAS (cursan dúas)  
  • Teconoloxías da Información e Comuinicación.
  • Artes Escénicas e Danza /Educación Plástica, Visual e Audiovisual / Francés ( escoller 1)
  • Tecnoloxías da Información e Comuinicación.
  • Artes Escénicas e Danza /Educación Plástica, Visual e Audiovisual / Francés ( escoller 1)
 ENSINANZAS APLICADAS
TRONCAIS E OBRIGATORIAS
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Galega e Literatura
  • Primeira lingua estranxeira; inglés  
  • Relixión
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 
  • Educación Física
  • Titoría

MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN

(escoller 2)

  • Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.
  • Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial.
  • Tecnoloxía
MATERIAS ESPECÍFICAS (cursan dúas)  
  • Teconoloxías da Información e Comuinicación.
  • Artes Escénicas e Danza /Educación Plástica, Visual e Audiovisual / Francés ( escoller 1)
 

Documentación da etapa

Moitas das tarefas e actividades de aula convértense en programas de radio. Desa forma combínase a difusión das tarefas co traballo da competencia lecto escritora.

O alumnado organízase en grupos cooperativos, tanto para o traballo das materias como para o acompañamento emocional.

En todo os cursos da ESO empregamos un dispositivo Chromebook propiedade do alumno e o entrono de traballo de Google como espazo de consulta, creación de contidos e comunicación.

Organizadas dende o departamento de pastoral, todo os cursos dedican dou ou tres días ao ano as xornadas de convivencias cristiás.

Na etapa apostamos por un plurilingüismo activo no que conviven o castelán, o galego, o inglés e o francés. Ademais da integración desas  linguas en actividades diarias, a oferta de linguas estranxeiras concrétase en:

  • Obradoiro de Música en Inglés en 1º. Música en Inglés en 2º e 3º ESO.
  • Francés como optativa dende 1º ESO a 2º Bach.
  • Horas de lectorado nas clases de Inglés e de Francés.
  • Oferta dunha inmersión lingüística dunha semana en países anglófonos.