Rematamos este curso 2021 - 2022

Mensaxe do Director Jesús:

Estimado amigo, estimada amiga:

Só quero roubarche uns minutos para desexarche o mellor dos veráns. Despois dun curso apaixoante, no que, grazas a Deus, fomos recuperando sensacións, actividades e propostas en suspenso durante os momentos máis duros da pandemia, encaramos o futuro coa esperanza de volver a ser en breve Salesianos cento por cento, con todos os nosos elementos identificativos a pleno funcionamento. Neste sentido, estas vacacións servirannos a todos para renovar enerxías e afrontar o novo ano escolar desde o entusiasmo.

Comparto contigo este vídeo final, no que queremos sintetizar o espírito do vivido, o ton do sentido e a alegría de sabernos membros todos, alumnado, familias, profesionais, dun proxecto dinámico e ilusionante.

Grazas por confiar en nós.
Un cordial saúdo en nome do equipo de persoas ás que represento.