Proxecto Barcelona de 4º da ESO

O alumnado/a de 4º da ESO levamos todo o trimestre traballando no proxecto Barcelona. Unha proposta multidisciplinar na que dende diferentes materias ( Xeografía e Historia e Lingua Galega, …) achegámonos a coñecer Barcelona dende a Historia, a Arte, a Literatura, … e preparamos a viaxe da que gozaremos do 5 ao 9 de abril.

O traballo de preparación feito recollémolo na web https://sites.google.com/aulasalesianosvigo.es/bcn-salesianos-vigo-2122

A web funciona como unha guía de viaxes na que atoparás todo o traballado, a información da viaxe, e as fotos e anécdotas do día a día en Barcelona na excursión que comezamos agora.